A Festa da Empanada de Bandeira cumpre hoxe 44 edicións

0

Silleda, 18 de agosto do 2018 – A  localidade da Bandeira, en Silleda,  celebra hoxe o seu día grande das Festas de Verán, coa empanada como protagonista.

A 44 edición da Festa da Empanada arrancará co pasarrúas da Banda Recreativa e Cultural da Bandeira. Ás 13:15 haberá misa cantada na honra da Virxe das Ermidas, previa á actuación da citada banda.  A  celebración gastronómica dará comezo ás 18:00 horas, unha vez que xa estean todas as empanadas presentadas a concurso. A actuación de Queiman e Pousa  animará a xornada na carballeira, onde o xurado elixirá as pezas gañadoras nas categorías de profesionais e amateurs. Os actos estarán presentados polo actor e comunicador Damián Cortés, coñecido pola súa participación en programas como Bamboleo, entre outros.

Festa da empenada, imaxe de arquivo. Fotógrafo Adrian Estevez.

A cita, organizada dende a Asociación de Amigos da Empanada, volve contar ca poxa das pezas ganadoras. Ás 19:30 horas está previsto o pregón a cargo do restaurador Pepe Solla, un dos cociñeiros galegos máis recoñecidos. Unha vez que se dean a coñecer os premios ás empanadas máis sabedeiras procederase a subastar as pezas entre o público. A cea das peñas, con animación musical, prolongará a velada que continuará coa verbena na rúa Xeral a cargo das orquestras Metrópolis e Alkar .

A Bandeira remata o programa festivo mañá domingo día 19, co II Open de Petanca “Suso Otero”, e o concerto matutino a cargo das Bandas Municipal de Silleda e Artística de Merza, que seguirá á misa cantada polo Coro Vales Mahía e a posterior procesión. Pola tarde haberá concerto ás 20:00 horas á protagonizado polas bandas de música de Silleda, Bandeira e Merza.

O luns, festivo local en Silleda

O luns día 20 será xornada de festivo local no municipio de Silleda.

Dende o Concello reitérase, unha mes máis, a prohibición de estacionar dende hoxe e ata a madrugada do luns en todo o desvío da nacional e apélase á colaboración da cidadanía para o correcto desenvolvemento das festas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial