A Festa da Empanada de Bandeira rexuvenece

0

Silleda, 21 de xullo do 2018 – A Asociación de Amigos da Empanada de Bandeira elixiu Santiago para presentar a programación da XLIV Festa da Empanada.

O acto foi tamén a estrea dunha nova directiva que reúne a antigos presidentes e a unha nova xeración que rexuvenece a Festa da Empanada. Lindeiros falaba co presidente, Andrés Seoane, que con tan só 20 anos aceptou o reto de dirixir a Asociación e organizar esta cita gastronómica

O novo presidente é o primeiro que pensa que a renovación é necesaria, explica que traen ideas novas (como eliminar do concurso a categoría de “amas de casa” que pasa a ser afeccionados) pero respectando as raíces e o pasado

Mais o principal proxecto que asume esta directiva e o reto de conseguir que a Festa da Empanada chegue a ser Festa de Interés Turístico Nacional

Nos últimos anos Silleda pasou por moitas etapas pero a Festa da Empanada mantívose con máis apoios, con menos apoios, Andrés explica que mantense porque é algo que naceu da veciñanza

En representación do concello estivo a responsable de comercio,  Ana Luísa González, que nos explicaba que esta renovación é posible grazas as asociacións nas que participan rapaces desde moi pequenos e que foi xestada desde a anterior directiva

O concello de Silleda esta introducindo cambios na bisbarra nos últimos tempos, desde un referéndum para decidir si cambiar o consistorio de sitio ou unha novidosa rede de biomasa, preguntamos si eses cambios chegan tamén a Festa da Empanada

Para rematar quixemos saber que era o que máis lle apetecía de todo o programa a Concelleira e como ela mesmo explica, sendo filla de panadeiro, é a Festa da Empanada

A programación

Na rolda de prensa explicaron un programa que do 16 ao 19 de agosto encherá Bandeira de actividades. O xoves comeza a oitava Ruta da Empanadilla e será o día do Bandeirock que cumpre 18 anos con Salavelatoria, The Ron Jeremys Band e unha actuación moi especial para celebrar o 20 aniversario do grupo local Kona que te fixo.

O venres 17 é o día da Esmorga Folk, un concerto que cumpre 30 anos cun cartaz de luxo: Faiscas da Pontraga, Leilía, Tanxugueiras e Treixadura.

O sábado a protagonista é a empanada cun pregoeiro de excepción como Pepe Solla; este ano as categorías do concurso serán afeccionados e profesionais deixando atrás a denominación “amas de casa” e xa pola noite o día rematará con música e a tradicional cena das peñas.

O domingo rematarán estas festas coa música das Bandas, a Artística de Merza, a Municipal de Silleda e a da R.C. Bandeira.

Queiman e Pousa

O dúo artístico Queiman e Pousa realizou para rematar a presentación unha pequena actuación na que ensalzaron a historia da Festa da Empanada relacionandoa coa ruta de peregrinación do Camiño de Inverno

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies