Festa das uñas en Compostela

0

Compostela, 13 de Marzo do 2018 – Compostela celebrará de novo a Festa das uñas, unha das máis antigas de Galicia, do 16 ao 19 de marzo coa participación de máis de 20 locais.

A sede da Asociación Hostelería Compostela acolleu por primeira vez a presentación da Festa Gastronómica das Uñas de San Lázaro, No acto participaron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, a concelleira de Turismo, Marta Lois, e a presidenta da propia Asociación, Sara Santos. As persoas asistentes ao acto puideron
degustar este tradicional prato, preparado por catro estudantes do CIFP Compostela.
As uñas de San Lázaro, que adoitan acompañarse de bertóns, patacas e chourizo, poderán
tomarse en 22 locais participantes, moitos deles situados neste barrio pero tamén en
restaurantes ubicados noutras zonas da cidade.

Tradicionalmente, Turismo de Santiago xa incluía esta festividade nas súas ferramentas de promoción. Esta difusión intensificouse a partires do 2014, cando comezou unha colaboración  coa Asociación Hostelería Compostela co obxectivo de poñer en valor a súa tradición e singularidade e ampliar á participación de locais na mesma. Todas as persoas que acudan aos locais participantes a tomar un prato de uñas recibirán un boleto para poder entrar no sorteo dunha cea degustación e unha noite para dúas persoas con almorzo incluído no Hotel Ecorural Nós, en Riocalvo, no Concello de Silleda. A persoa gañadora será aquela que teña o número que coincida coas 4 últimas cifras do sorteo da Lotería Nacional do día 22 de marzo de 2018. Poderá recollelo nas oficinas da Asociación Hostelería Compostela (Rúa Salvadas, 29) nos 30 días seguintes.

A Festa das Uñas de San Lázaro ten lugar cada ano no Quinto Domingo de Cuaresma, tamén chamado ‘Domingo de Lázaro’ antesala de Semana Santa co Domingo de Ramos. Ademais de eventos musicais inclúe diversos oficios relixiosos para honrar a San Lázaro e unha tradicional romaría o luns 19 na que se celebra unha popular poxa tradicional de uñas e outras pezas do porco ofrecidas ao santo ás 11:30 horas. Os locais participantes son: A Casa da Viña, Doña Ana, El Obelisco, La Bodeguilla de San
Lázaro, Mesón As Fontiñas, Mesón de Lázaro, O Muiñeiro, Pedra Santa, Periquillo, Susos  Restaurante, A Nave de Vidán, A Grella, Don Quijote, Los Caracoles, O bo xantar, San Paio Taberna da Feira, Ultreia e Ruta Jacobea.

Toda a información dos locais participantes e os seus menús pode consultarse na páxina www.semanasantasantiago.gal

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies