Festa de volta ao cole e promocións impulsadas polos empresarios de Melide

0

Melide, 1 de setembro do 2018 – Co fin de facilitarlle ás familias numerosas de Melide e comarca a volta ao colexio dos máis pequenos Asetem, Asociación de Empresarios Terra de Melide,  desenvolve un ano máis a campaña Volta ao cole, que nesta edición inclúe como novidade unha gran festa infantil.

Desde hoxe mesmo e ata o día 30 incluído, as familias numerosas que realicen unha compra en material para a volta ao cole por un importe igual ou superior a 40 euros en calquera dos establecementos asociados a Asetem, recibirán un bono de 10 euros de desconto para a súa próxima compra. Para recoller este bono desconto só terán que presentar o tícket de compra e o carné de familia numerosa nas oficinas da Asociación de Empresarios (R/Lino Sexto Sánchez,9).

Unha gran festa infantil como novidade

A novidade deste ano radica en que todas as persoas que realicen algunha compra no comercio local asociado entre os días 1 e 20 de setembro (aínda que non sexa necesariamente en material escolar, sexan ou non familia numerosa e sen necesidade dun importe mínimo), poderán participar nunha gran festa infantil que se vai celebrar o venres día 21. Para participar só terán que presentar o tícket da súa compra á entrada da festa, de aí a importancia de gardalo ata que remate a campaña.

A celebración infantil terá lugar en horario de 17.00 a 20.00 horas no parque Rosalía de Castro de Melide se o tempo o permite e, no caso de que non, trasladarase ao Pazo de Congresos. Haberá distintos inchables, tanto para os nenos máis maiores como para os pequenos, un carriño palomiteiro con reparto gratuíto e ilimitado de flocos de millo, obradoiros que poderán ser de chapas, chaveiros, maquillaxe e tamén de xogos xigantes para disputar diferentes partidas de oca, parchís, conecta 4, dominó, cartas, etc a tamaño xigante.

Os tíckets das compras efectuadas, sen importe mínimo, trocaranse o propio día da festa por pulseiras identificativas que permitirán así a entrada e participación nas diferentes actividades.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial