O EFA Piñeiral acolleu a presentación da XLIII Festa do Queixo de Arzúa

0

Arzúa, 16 de febreiro do 2018 – O Centro de Formación Profesional EFA Piñeiral de Arzúa acolleu a presentación da XLIII Festa do Queixo na que terá un protagonismo especial.

O EFA terá unha serie de actividades enmarcadas na programación oficial da Festa do Queixo. A directora do centro, Pilar Díaz-Caso, foi a encargada de explicar en rolda de prensa a programación que promove nesta 43 edición.

Ademais da actividade de demostracións de pastelaría, exhibición e venta de produto no stand do centro dentro do recinto feiral a fin de semana do 03 e 04 de marzo,  Piñeiral aposta por ofrecer unha programación chea de actividades multidisciplinares sempre en torno ó queixo e a súa potencialidade como protagonistas e que darán comezo dende o día 27 de febreiro.

“A misión da Efa Piñeiral sempre estivo, e estará, vencellada  á formación,  á capacitación para o emprego, pero tamén á promoción rural, á dinamización do territorio, dos seus recursos e das súas potencialidades.  E sen dúbida algunha, falar de proxección en Arzúa pasa necesariamente por falar de  Queixo” afirma Díaz-Caso.  

A xornada do martes 27 terá lugar en Piñeiral a cata e tertulia Márketing e queixo, boas prácticas, a cargo de Óscar Pérez do consello regulador da denominación de orixe protexida Arzúa- Ulloa. Ás catro da tarde Rosaura Leis, coordinadora dunha das unidades Pediátricas do Hospital Clínico de Santiago e profesora titular de Pediatría da Universidade de Santiago, impartirá a tertulia técnica  “Un queixo que alimenta a túa saúde”.

O mércores 28 e o xoves día 01 impartirase,  en horario de tres a cinco da tarde,  o Obradoiro “Fotoqueixo”, Taller de fotografías de queixo que e-namoren, na que se abordará dende un enfoque práctico consellos e técnicas para a fotografía de queixo e elaboracións en base a queixo, tanto para redes sociais como para comercio electrónico.

Todas estas actividades serán de balde e  estarán abertas para a participación, de interesados en xeral e profesionais do sector previa inscripción no 981500580 ou no mail pineiral@pineiral.es.

Como actividade para por en valor a creatividade culinaria da mocidade e as inmensas posibilidades do Queixo celebrarase na tarde do sábado día 03 a primeira edición do Concurso xuvenil de elaboracións “Pan&Queixo”, destinado a participantes entre 12 e 18 anos e na que os premiados recibirán premios con sabor á mellor música. A inscrición é tamén de balde e as bases poden consultarse xa na web efagalicia.org.

Asemade ,e como ven sendo habitual, alumnado e docentes de Piñeiral impartirán o Obradoiro infantil de cociña “Un universo de criaturas de queixo” o  sábado  día 3 de catro a cinco e media para cativos e cativas de 7 a 11 anos, e xa na xornada do domingo no recinto feiral a masterclass Piñeiral de cociña creativa, de catro a cinco e media, para participantes a partir de 15 anos onde se elaborarán Doces e salgados con Queixo.

“Á fin, un programa de actividades multidisciplinares coas que pretendemos achegar as nosas instalacións, dotacións e saber facer ó servizo dos  protagonistas do evento;  o Queixo  e Arzúa.  Arzúa, queixo e Piñeiral é unha maridaxe que dará moito que falar”, afirmou Pilar Díaz-Caso.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies