займ срочно

Festas do Apóstolo, sábado 15

0

Compostela, 15 de xullo do 2017 – Tras o pregón de Uxía as festas do Apóstolo comezan a espallarse por toda a cidade con moita música para este sábado.

A partir da una e media na praza de Cervantes estarán Andhrea and the Blanck Cats.

En Tras San Fiz de Solovio e ata as dez da noite desde as dúas Gruvzilla con diversos Djs.

Terra da Fraternidade

O Apóstolo inspírase no Womex para artellar un festival de world music, iso é Terra da Fraternidade que hoxe sábado, praza da Quintana desde as 22.00,  presenta a Habelas Hainas e Selma Uamusse.

Habelas Hainas é un proxecto creado en 2009 por catro multiinstrumentistas que partindo da música tradicional, exploran eidos artísticos como a teatralidade e as artes plásticas e visuais facendo de cada espectáculo algo diferente e senlleiro, sempre dende unha ollada feminina e plural.

Selma Uamusse é unha nova intérprete mozambicana cuxa versatilidade, o seu poderoso instrumento vogal e a súa xenial performativa, levouna a brillar desde o rock (Wray Gunn) aoafrobeat (Cacique 97), aogospel, ao soul e ao jazz (Gospel Collective), tributos a Nina Simone e Miriam Makeba, enriquecendo a súa viaxe por diversos estilos. É cada vez máis consciente do poder transformador político e social da música.

A seguinte fraternidade no Apóstolo será mañá domingo con Adrián Costa & The Criers + Pat Thomas & Kwashibu Area Band.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies