займ срочно

Festas de San Xosé no Milladoiro

0

Ames, 18 de marzo do 2019 – A Asociación de Festas do Milladoiro organiza hoxe luns e mañá martes as festas de San Xosé, patrón da localidade.

O San Xosé estará protagonizado polas actuacións musicais, entre as que destaca a presentación oficial da tempada 2019 da orquestra Ciclón. Os festexos realizaranse no aparcamento explanada do Supercor, na rúa Agro do Medio, onde se instalará unha carpa.

Os festexos comezan hoxe con bombas de palenque e unha vixilia na nova igrexa do Milladoiro ás 19.00h. Pola noite desenvolverase unha gran verbena amenizada polo trío musical 3.COM e a orquestra Ciclón. O remate de festa correrá a cargo do DJ Sony.

Mañá martes a festa continuará co disparo de bombas de palenque ás 10.00 horas. Ás 12:30h desenvolverase unha misa solemne na nova igrexa da localidade. Despois, a partir das 14:00 horas, a festa proseguirá coa sesión vermú, na que as persoas asistentes poderán gozar da música do grupo Atenas, que tamén será o encargado de amenizar a verbena nocturna.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies