займ срочно

Hoxe comezan as festas en Agrón, Ames

0

Ames, 10 de agosto do 2017 – Hoxe comezan 3 días de festa na parroquia de Agrón en Ames, sesións vermús e verbenas, polbo, churros e churrasco ademais dos actos relixiosos marcaran a axenda ata o sábado.

As festas en Agrón son sempre nestas datas (10, 11 e 12 de agosto), independentemente do día da semana no que caían. Hoxe conmemórase o día de San Lourenzo, o venres o do Santísimo Sacramento e o sábado o de San Roque.

A xornada de hoxe xoves, que marca o inicio da festa en Agrón, comeza cunha misa cantada ás 12:00 horas. A sesión vermú correrá a cargo do trío Unión y Fuerza, que tamén estará actuando pola noite, a partir das 22:30 horas, xunto ao grupo Atenas.

Mañá venres, 11 de agosto, a festa faise na honra do Santísimo Sacramento. Ás 12:00 horas haberá unha misa cantada e, posteriormente, terá lugar a sesión vermú coa orquestra Ciudad Cristal. Á noite, tamén a partir das 22:30 h, actuará esta orquestra acompañada do Trío Máster.

O sábado, día de San Roque e última xornada das festas, haberá tamén unha misa cantada seguida da sesión vermú da man da orquestra Imperivm, que estará tamén pola noite xunto ao solista Compota y su Ricura. O campo da festa contará con cantina e aparcadoiro para deixar os coches.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies