Catro agrupacións de Boqueixón protagonizarán o Festival de Requinta da Ulla,

0

Boqueixón, 9 de novembro do 2018 – Catro agrupacións musicais protagonizarán mañá o primeiro Festival de Requinta da Ulla no Auditorio de Galicia.

Trátase dunha iniciativa organizada polo Concello de Santiago e a Agrupación Cultural O Galo e na que colabora a Asociación Cultural boqueixanesa Mestre Manuel Gacio. O Festival de Requinta da Ulla desenvolverase a partires das 20.30 horas con entrada de balde, ata completar aforo.

No cartel desta cita cun dos instrumentos máis típicos e arraigados da zona da Ulla participarán tres das agrupacións da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio: as pandereteiras Raeira e Raiola e o grupo Luz do Ilicinio. Sumaranse tamén A Requinta de Xián. Completarase a sesión coa voz de Manoele de Felisa. O festival ofrecerá unha velada chea de pezas tradicionais, todas elas adaptadas para requinta, co fin de poñer en valor este instrumento.

Dende o Concello de Boqueixón e a Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio animan á veciñanza a achegarse a Santiago para asistiren a esta cita coa música tradicional. Un festival que, sen dúbida, deleitará ao público.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial