Festival folclórico o sábado no Teatro Principal da Estrada

0

A Estrada, 15 de maio do 2019 – Este sábado, 18 de maio, celebrarase no Teatro Principal da Estrada un festival folclórico que contará coa participación da agrupación local Tequexetéldere e do grupo toledano Coros y Danzas Rosa del Azafrán, nunha actuación que comezará ás 18:00 horas.

A agrupación invitada ao festival folclórico comezou a súa andadura na década dos sesenta, e dende entón ocúpase de transmitir o legado cultural manchego dentro e fóra das fronteiras do país. Conta cun amplo repertorio do folclore tradicional castelán manchego, tanto de música coma de baile, co que interpretan gran cantidade de estilos. Interpretan xotas, seguidillas corridas e cruzadas, gañaderas, rondeñas, malagueñas, torrás e fandangos, entre outras moitas pezas.

Bailaríns e solistas están acompañados de instrumentos de corda tales como bandurrias, laúdes e guitarras que se conxugan cun vestiario colorido que introduce en escena varios tipos de traxes rexionais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial