Festival Monecadas en Brión

0

Brión, 14 de setembro do 2017 – O Festival monecadas volverá á Carballeira de Santa Minia por cuarto ano consecutivo, nesta ocasión do 15 ao 17 de setembro.

O IV Festival Monecadas, que organizan o Concello de Brión e Titiriteiros da Comarca, ofrecerá un obradoiro infantil e tres actuacións das compañías A Xanela do Maxín, Títeres Alakrán e Mircromina Teatro de Títeres. Todas as actividades están dirixidas a un público familiar e son de participación libre e de balde.

Os monicreques comezarán cunha sesión dobre mañá pola tarde. Ás 18:00 horas, A Xanela do Maxín impartirá un obradoiro de monicreques e ás 19:30 horas Mircromina Teatro de Títeres representará “Vacacións no mar”, un espectáculo de títeres de guante que combina o tradicional estilo da cachiporra cunha temática adaptada a un público familiar.

O sábado 16, A Xanela do Maxín porá en escea “A Caixa de Nuk”, un espectáculo dirixido a maiores de 3 anos cunha historia chea de maxia, tenrura e amor nun mundo chego de trasgos, fadas e dragóns. O domingo 17 de setembro, o “Circo Galaico” de Títeres Alakrán pechará o festival cun espectáculo que combina o mundo do circo e dos monicreques. Ambas actuacións terán lugar ás 13:00 horas na Carballeira de Santa Minia.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies