Fin de semana intenso en Curtocircuito

0

Compostela, 10 de outubro do 2020 – Chega a segunda fin de semana de Curtocircuito que trae pratos fortes para os dous días nas distintas seccións.,

Hoxe sábado a programación segue medrando con propostas moi diversas. A primeira hora da tarde no CGAC haberá unha reunión con Proxecta, Cultura 2021: e agora que?, para debater sobre os problemas que afectan ao futuro do sector en tempos de coronavirus. O Salón Teatro acollerá ás 17:00 horas unha sesión moi especial para o festival. Trátase de XX: novas_creadoras, un foco para unir un traballo case colectivo da nova xeración de cineastas galegas onde os xéneros cinematográficos se mesturan e hibridan. Anxos Fazáns, Lucía Estévez, Marta Valverde, Arancha Brandón, Ariadna Cordal García, Sol Mussa, Iria Silvosa, Aldara Pagán, Judith Adataberna e Lara e Noa Castro; son as directoras e creadoras que proxectarán as súas obras neste encontro.

Pola súa banda, o Teatro Principal proxectará as últimas sesións de Sección Oficial RADAR e de Penínsulas a partir das 18:00 e con varios dos seus directores. RADAR pechará esta edición coas películas TESTFILM #1 (Telcosystems; Croacia, Países Baixos; 2020), Laguna Negra (Felipe Esparza; Perú, Francia; 2020) e Sun Dog (Dorian Jespers; Bélxica, Rusia; 2020). No caso das Penínsulas, pódense ver a partir das 20:15 O Arrais do Mar (Elisa Celda, 2020), Lonely rivers (Mauro Herce, 2019) e Profecía (Julieta Juncadella; 2020).

Os cineastas Oliver Laxe, Carla Simón e Celia Rico reuniranse ás 18:00, a través da pantalla, na mesa redonda dixital Autores: entre creación e industria. Numax pechará as súas portas nesta edición coa última sesión de Sección Oficial EXPLORA, que incluirá as curtametraxes A demonstration (Beny Wagner, Sasha Litvintseva; Alemaña, Países Baixos, Reino Unido; 2020), Aggregate States of Matters (Rosa Barba; Perú, Alemaña; 2019), Thorax (Siegfried A. Fruhauf; Austria; 2019), Kopierwerk (Stefanie Weberhofer; Austria; 2020), Tik Tak (Michael Fleming; Países Baixos; 2020) e Further radical (Stefano Canapa; Francia; 2020); e coa sesión especial Playlist que propón Where Does a Body End? (2019), unha película documental que, a través do retrato de Michael Gira, líder de SWANS, móstranos un retrato íntimo dunha banda única e irrepetible.

O festival trasladarase tamén por última vez esta noite á Sala Capitol cos concertos de Amorante, un amante da improvisación que define o seu proxecto como “música tradicional abordada dende un punto de vista contemporáneo”, e Javier Díez Ena, mestre do theremin, un dos primeiros instrumentos musicais electrónicos controlados sen necesidade do contacto físico do intérprete.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial