O Santiago Futsal presente nas finais da liga USC de fútbol sala

0

Compostela, 18 de maio do 2017 – O luns pola tarde celebráronse as finais da liga USC de fútbol sala, tanto en categoría feminina como en masculina que contaron coa presenza de representantes do Santiago Futsal.

O Pavillón Universitario de Santiago de Compostela albergou un acto que contou coa colaboración da compañía móbil Tuenti e o Santiago Futsal.

Dous partidos moi disputados os da liga da USC e que se decidiron nos instantes finais, definiron aos actuais campións da liga Universitaria de Santiago: “Seareiras” en categorías feminina e “Choska de Moskú” na masculina.

Os encontros da liga USC contaron coa presenza dos xogadores do primeiro equipo do Santiago Futsal Álex Diz e Álex Velasco, encargados de entregar os trofeos aos campións do título.

 

 

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies