Final do campionato de poesía de Compostela

0

Compostela, 21 de maio do 2019 – O teatro Principal acolle este xoves, 20:30 horas, a final do Poetry Slam da cidade, o campionato de poesía puntuable para o nacional.

O slam de poesía de Santiago é o único de Galicia que está federado no circuíto nacional. Este 2019 é o segundo ano no que se celebra e as competicións comezaron en setembro do 2018. En aquela ocasión a competición disputouse na histórica praza Feixóo do casco histórico cun público que superou as duascentas persoas.

Hoxe en día e tras cinco encontros en chave eliminatoria no Riquela Club, hai xa cinco finalistas que competirán este xoves no Teatro Principal de Santiago. O evento convoca tal cantidade de xente que nos últimos meses os organizadores tiveron que buscar espazos cada vez máis amplos, sendo finalmente o teatro principal onde se celebrará a final.

O evento Poetry Slam é unha competición na que cada participante debe dramatizar un poema de autoría propia e para o cal conta con tres minutos máximo. A votación realízase mediante puntuacións por parte do público asistente. O público, previo ao desenvolvemento do evento, se lle fai entrega dunhas pizarras por sorteo. Nestes encontros o que prima é a interactividade entre todas as partes, tanto participantes como público, o que fai que o Poetry Slam non sexa un recital de poesía ao uso, senón unha celebración da dramatización poética na que hai festa, aplausos, berros, quilombo e moita diversión.

A competición ten temática e idioma libres, os poemas teñen que ser de creación propia e pódense recitar de memoria ou ler. Non se pode facer uso de disfraces, nin accesorios. (o incumprimento desta norma supón a descualificación automática da/do participante). Cada poeta dispón de tres minutos máximo para a súa intervención e o público é o que decide mediante votación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial