займ срочно

Partido Galeguista e Partido Popular firman o acordo de goberno de Padrón (voces dos protagonistas)

0

Padrón, 26 de marzo do 2017 – Antonio Fernández, alcalde, polo PP e Anxo Rodríguez, portavoz, polo PG firmaron o acordo de goberno de Padrón diante dos concelleiros, os alcaldes de Rois e Dodro e o responsable provincial do Partido Popular Diego Calvo.

Na nota de prensa emitida PP e PGD garanten “diálogo e traballo” para que o pacto “supere as expectativas xeradas”. O alcalde de Padrón referiuse tamén á experiencia de goberno conxunto co PGD no anterior mandato subliñando que “nesta ocasión as circunstancias son diferentes e incluso as persoas maduramos, aprendemos dos erros e sabemos que non se van repetir de novo”. Fernández Angueira salienta o compromiso de ambos partidos de funcionar “como un equipo único, cohesionado e coordinado, que afrontará desde o minuto un os compromisos adquiridos e os retos que Padrón ten pendentes”

Pola súa banda Ángel Rodríguez Conde agradece “que o alcalde asumira como propios os compromisos programáticos do PGD” e augura que “este acordo será moi fructífero para os intereses xerais dos padroneses”

Ao remate do acto falabamos cos protagonistas que opinaban sobre o camiño que agora comeza, o primeiro en facelo era o alcalde de Padrón Antonio Fernández Angueira

Pola súa parte Anxo Rodríguez agradecía a vontade do Partido Popular de Padrón para aceptar os compromisos programáticos do Partido Galeguista

Aproveitamos a presenza do presidente provincial do PP, Diego Calvo, para preguntarlle polo momento que se vive, a dos anos da eleccións municipais e con un panorama moi complexo despois dos problemas en Ordes ou as mocións de censura en Noia ou Santa Comba.

En liñas xerais, o acordo de gobernabilidade establece entre os compromisos programáticos ineludibles o inicio da elaboración duns novos orzamentos, a revisión e actualización da contratación dalgúns servizos externalizados, a redacción dunha nova Relación de Postos de Traballo (RPT), unha maior transparencia e divulgación da acción de goberno, a posta en marcha de accións de dinamización específicas para as zonas do centro urbano afectadas pola peonalización, o desenvolvemento dun Plan de Revitalización do Mercado Dominical e o control do gasto corrente cos provedores do concello.
En canto á distribución de responsabilidades, como xa se adiantou ao longo da semana, o acordo de gobernabilidade establece que Ángel Rodríguez Conde, que pasa a ser primeiro teniente de alcalde, incorporarase á Xunta de Goberno Local xunto co seu compañeiro do PGD Javier Guillán, o alcalde e os edís populares José Ramón Pardo e Lorena Couso -estes dous últimos serán segundo e terceira teniente de alcalde, respectivamente-.
Respecto á reorganización de competencias, o acordo establece que Ángel Rodríguez Conde será concelleiro de Servizos Sociais (excluíndo os servizos vinculados á Terceira Idade, Igualdade e Muller), Saúde Pública, Emerxencias, Persoal e Festexos. Pola súa parte, Javier Guillán será concelleiro de Servizos Básicos (alumeado público e xestión enerxética, abastecemento e saneamento de augas, limpeza viaria e recollida de residuos sólidos urbanos) e xestionará a praza de abastos, o mercado dominical e a venda ambulante.
Pola súa parte, José Ramón Pardo xestionará Urbanismo, Vivenda e Solo, Vías e Obras e Parques e Xardíns; Lorena Couso continuará coas áreas de Cultura, Política Lingüística, Turismo, Comercio, Casco Histórico, Xuventude e Voluntariado, Igualdade e Muller, Información e Comunicación; Andrés Sanmarco, con Deportes e Emprego; e Francisco García, con Educación e Terceira Idade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies