Flexibilidade

0

Nos anos oitenta ca incorporación de España a Unión Europea vendeuse gran parte do sector da distribución alimentaria perdéndose capacidade de negociación no establecemento de prezos dos produtos agrícolas. Foi un fito moi relevante que supuxo grandes vantaxes pero tamén inconvenientes.

Imagen Marcial_vacas_campo_rO tema é que agora o sector da distribución alimentaria despacha en París e non recibe …, está reunido … A industria ten que asumir os seus prezos que repercute nos gandeiros que están vendo diminuír o seu marxe de manobra para manter as explotacións en funcionamento. Estase a producir estas semanas en Galicia unha nova aceleración na reestruturación do sector lácteo repercutindo no noso modelo territorial, na forma que temos de habitar e sentir o territorio desde fai moito tempo, na nosa proximidade alimentaria, nunha parte da nosa cultura e na nosa singularidade. E aportar singularidade no mundo é un valor que cotiza a alta!. Si esta situación se prolongase moito tempo pode que o deserto bovino que xa caracteriza a provincia de Ourense se desprace cara o norte e con el os incendios, como ó de onte 31 de Agosto en Cualedro onde sucumbiron o lume 2.000 ha. Hai voces que veñen aburrindo desde fai décadas co tema da terra pero estamos adormecidos ante as aparentes bonanzas económicas que mingúan a importancia dun tema tan de fondo. Sen embargo, hoxe mesmo desde a Xunta de Galicia anúnciase que se está a traballar nunha proposta sobre medidas fiscais para incentivar a agrupación da propiedade rústica … Que ben!.

Flexibilidade, adaptarse o cambio, … Desde as escolas de negocios non paran de repetir este mantra e non lles falta razón. Pero unha parte desta adaptación ven desde o pau ou a cenoria das normativas sectoriais e isto é o que estamos a integrar socialmente a cidadanía galega no que a estrutura agraria se refire. Nesta sociedade de libre mercado onde vivimos o capital non ten fronteiras, os empresarios cada vez representan menos os intereses locais, rexionais ou nacionais. Teñen, e temos, nas nosas mans o poder vender os nosos activos o mellor pagador e iso nos fai fortes e vulnerables a vez. Nas bolsas se fala de volatilidade referíndose a eses escenarios incertos onde un día se crece e outro se diminúe sen razón aparente e sen marxe de manobra para as minorías maioritarias. Convivir con ela parece o signo dos tempos e mais o será o do mundo dos nosos fillos os que estamos formado para traballar aquí ou acolá, segundo ditamine este incerto futuro.

Pois a terra é a flexibilidade no sector lácteo. Significa ter opción para intensificar ou extensificar a produción en base a decisións tomadas nas explotacións para poder adaptarse mellor a un mercado global do leite sen coutas, imprevisible e moi competitivo. Trátase de depender menos dos prezos dos alimentos para o gando xa que se depende moito dos prezos da leite. Este paradoxo de regular desde as administracións para ser mais competitivos nos libres mercados é a baza que están xogando os nosos políticos. Mobilizar os piares básicos que soportan a produción (a estrutura da propiedade e o uso da terra) para facer as explotacións mais estables. Non é fácil pero non se ve outra … de momento.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies