займ срочно

Os Fogos do 31 pecharon o Apóstolo 2017 (vídeo+imaxe)

0

Compostela, 1 de agosto do 2017 – Os Fogos do 31 pecharon o Apóstolo 2017 e foron unha vez máis punto de reunión para composteláns e veciños da bisbarra.

Desde dúas horas antes a avenida da Coruña e as rúas do Campus Sur que chegan ata ela foron enchéndose de xente con gañas de disfrutar duns fogos de artificio que son máis para os de aquí que para os de fora.

Diante da escalinata que da acceso a Ferradura colocáronse nenos, maiores, e incluso a zona reservada a discapacitados e moi ben atendida por Protección Civil esta moi concorrida.

As once e media puntualmente comezou un espectáculo que non defraudou. A Pirotecnia de Ricardo Caballer conseguiu asombrar a un público afeito a ver fogos, o fixo sobre todo cando debuxou no ceo estrelas, corazóns e mesmo unha cara. A estatua do bo de Manuel Ventura Figueroa viuse rodeada de vermellos, amarelos, azuis… unha sinfonía de cores saltando polos aires e deleitando aos presentes.

A continuación tedes un pequeno resumo para que os lembredes os que estiveches alí e para que o pensedes mellor o ano que ven os que non fostes.

 

[ngg_images source=”galleries” container_ids=”40″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”800″ gallery_height=”600″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”3″ show_thumbnail_link=”0″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]

 

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies