As Festas do Cendal, do S. XVI, abrirán os Fogos do Apóstolo 2017

0

Compostela, 22 de xullo do 2017 – Os Fogos do Apóstolo farán este ano un percorrido polas tradicións vinculadas ás celebracións de Santiago, dende as festas do Cendal coas que se lle rendía homenaxe ao Apóstolo ata finais do século XVII.

Así o explicaron o alcalde, Martiño Noriega, e o director creativo do espectáculo, Javier García, nunha rolda de prensa na que deron os detalles do evento máis agardado das festas. Este ano, a montaxe corre a cargo de Acciona Producciones y Deseño, que á súa vez lle encargou a Ricardo Caballer a parte pirotécnica do espectáculo.

O director creativo dos Fogos do Apóstolo explicaba o traballo de documentación que os levou a recrear as Festas do Cendal ademais de dar os datos técnicos do espectáculo

Características técnicas

O espectáculo proposto por Acciona incorpora proxeccións con efectos tridimensionais, realizadas baixo a técnica do mapping, e con iluminación 360 graos na praza do Obradoiro. Para lograr unha sensación inmersiva, a empresa utilizará dez proxectores de vídeo de 22.000 lúmenes cada un, 32 focos de iluminación, e catro torres de son cunha potencia total de 40.000 watios.
Nos Fogos do 24 de xullo utilizaranse case 440 quilos de pólvora, en máis de 3.000 ordes de disparo.
Repeticións do espectáculo audiovisual
O alcalde explicou que este ano haberá menos carga pirotécnica que o anterior. Por iso, no prego de condicións estableceuse a obriga de repetir o espectáculo audiovisual máis alá da noite do 24. Esas repeticións serán os días 25 e 26, con dous pases en cada unha das xornadas, para garantir que a montaxe chegue a máis xente. Serán ás 22:30 e ás 23:30 horas.

Fogos do 31 de xullo

Acciona tamén se vai encargar dos Fogos do 31 de xullo, cos que se pechará o Apóstolo 2017. Ao tratarse dun espectáculo unicamente pirotécnico, incrementarase sensiblemente a cantidade de pólvora utilizada. Serán 451 quilos, en 4.812 artefactos.

Os Fogos do Apóstolo, financiados polo Consorcio, terán un custo de 217.000 euros, incluíndo as propostas do 24 e do 31 de xullo.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies