Foliadas nos furanchos e Porco a brasa en Vedra

0

Vedra, 19 de maio do 2018 – Os furanchos de San Miguel de Sarandón e o xantar popular de Trobe centran as actividades da fin de semana en Vedra.

Os furanchos de Manolo de Casimiro, González e Cabaleiro, en San Miguel de Sarandón, preparan para esta tarde, a partir das oito e media, unha foliada en homenaxe a María Victoria Moreno, artista homenaxeada no Día das letras galegas. Participarán os grupos Silandeira, Escola OCT Ultreia, Asociación o Raiolo e Dedaleiras.

Maña domingo a festa trasládase a Trobe. A XII Festa do Porco a brasa terá lugar no local multiusos ao longo de todo o día. A partir das doce actúa a banda de Música de Santa Cruz de Rivadulla. As 13.00 horas terá lugar o pregón a cargo do actor e humorista Isi para a continuación comezar o xantar popular. Xa pola tarde a partir das seis e media actuará a Orquesta Passarela.

Concentración de coches e motos clásicas

Tamén en Trobe e coincidindo coa festa terá lugar a I Concentración de coches e motos clásicas de época. Os vehículos concentraranse as 11 da mañá para facer despois unha pequena ruta que rematará as 13.30, con tempo para participar no xantar popular. Os vehículos quedarán expostos ao longo da tarde no campo da festa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial