Fomento asfaltará as vías paralelas á autovía A-54 en O Pino

0

O Pino, 20 de marzo do 2019 – Unha das demandas dos veciños da parroquia de Castrofeito e trasladada ao ministerio de Fomento, o asfaltado das vías paralelas a autovía a Lugo, será atendida .

O asfaltado de estas vías permitirá aos veciños poder acceder ao núcleo de Lavacolla e ao aeroporto sen necesidade de entrar na autovía.Una vez rematadas as obras, o transporte público de viaxeiros tamén poderá utilizar estes viais para darlle servizo a zona. O alcalde tamén solicitou que Fomento asfalte as vías de servizo paralelas á A-54 en Ferreiros e que en todas os sinais que fan referencia a localidades do municipio se inclúa a palabra O Pino para facilitarlle a localización a todos os usuarios da autovía.

A autovía A-54, que prolongará a de Lavacolla ata Arzúa, vai entrar proximamente en funcionamento. O concello mantivo unha reunión na delegación do Ministerio de Fomento na Coruña co enxeñeiro xefe de Estradas do Estado en Galicia e coa directora de obra da autovía.

Entre as demandas tamén se incluíu que a nova ponte que se construíu sobre a A-54 nesta zona, nas inmediacións do mesón Cima das Quintas, permita enlazar e conectar a N-634 co outro lado da autovía (por onde transcorre o Camiño de Santiago, na marxe esquerda dirección Compostela), facilitando así a comunicación entre as dúas marxes da A-54 ao tempo que, con esta actuación, poderíanse manter as actuais paradas do autobús de liña regular de viaxeiros que utilizan tanto a N-547 como a N-634.

Aglomerado en Ferreiros e paneis informativos

Ante o previsible incremento de tráfico polas estradas locais para acceder e saír da autovía á altura da parroquia de Ferreiros, outra das peticións foi a de que asfalten as vías de servizo paralelas á autovía entre as dúas primeiras rotondas da autovía en dirección Arzúa Santiago.  Na explicación de motivos, o Concello recorda que a maioría destas vías locais, que darían acceso á A-54 dende a estrada N-547, teñen apenas 3,5 metros de ancho, polo que o incremento de tráfico polas mesmas suporía un perigo tanto para os condutores e usuarios da A-54 como para os propios veciños.

Por último, pediuselle a Fomento que en todos os paneis informativos e sinais verticais de núcleos do municipio que figuran actualmente na autovía se inclúa o nome O Pino, para facilitarlle a identificación e localización a todos os condutores. Como exemplo o enlace coa capital do municipio está sinalizado na A-54 como ‘Pedrouzo’ o que pode resultar descoñecido para moitos condutores. Por este motivo, pídese que nas sinais verticais, a todas as localidades do municipio se lles engada a palabra ‘O Pino’.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial