Fomento licita a rotonda da Praza da Foca en Sigüeiro

0

Oroso, 18 de xaneiro do 2019 – O Ministerio de Fomento fixo pública a licitación da obra da nova rotonda da praza da Foca en Sigüeiro, que contará cun investimento de 141.639 euros.

A licitación da mellora da Praza da Foca foi un dos compromisos adquiridos no mes de outubro na reunión do alcalde do Concello de Oroso, Manuel Mirás, co Ministerio de Fomento. O obxectivo principal da obra é aliviar o tráfico e conseguir unha maior seguridade vial.

O rexedor, Manuel Mirás, declaraba “Hoxe é un gran día para o concello, o proxecto aliviará o tráfico e agora temos en Madrid un goberno socialista que escoita as demandas de Oroso, prometéronme celeridade e hoxe demostraron que dicían a verdade. Pretendemos evitar os atascos que se producen na N-550 ao seu paso por Sigüeiro polos vehículos que van dirección Santiago, dirección A Coruña, os que se incorporan pola avenida da Grabanxa e os que o fan pola rúa do Portiño”.  O rexedor quiso tamén agradecer o compromiso do delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada.

“A rotonda é unha demanda de hai anos, pero o portavoz do PP, Alexander Doval, non moveu un dedo con Ana Pastor e Iñigo de la Serna; agora, nuns meses de goberno socialista en Madrid, desde o concello conseguimos a obra para Oroso”, engade o alcalde.

Máis de 22.000 vehículos circulan cada día polo centro de Sigüeiro e Manuel Mirás considera necesario tomar medidas para que “o tráfico sexa máis fluído, eliminando os semáforos para reducir as retencións; no ministerio comprenderon a situación e acometerán as actuacións necesarias”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial