Fomento considera prioritaria a mellora da seguridade viaria en Oroso

0

Oroso, 23 de outubro do 2018 – O Delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, reuniuse en Oroso co alcalde, Manuel Miras, e mostrou o compromiso do goberno e do Ministerio de Fomento coa mellora da seguridade viaria no concello.

Losada visitou a intersección entre a Nacional 550 e a estrada  DP-3801 acompañado de técnicos da Demarcación de Estradas do Estado e avanzou ao alcalde que o proxecto de Fomento ten a cualificación de “prioritario” e que xa foi redactado. Nestes momentos o Ministerio está a tramitar a aprobación definitiva, paso previo á licitación e execución das obras, cuxo orzamento estimado ascende aos 140.000 euros. O Delegado do goberno explicou ante os medios que “Por petición do alcalde, Manuel Mirás, estou aquí para ver en primeira persoa diferentes modificacións e cambios nas vías de comunicación do concello, como a nova glorieta que haberá na praza da Foca para mellorar a seguridade e a mobilidade”.

Relacionado coa seguridade viaria e tamén en Sigüeiro, o delegado lembrou que Fomento executou por vía de urxencia a mellora da ponte da  N-550 sobre o río Tambre, reparando as cimentacións cun investimento de 680.000 euros. Esta actuación vai completarse coa execución da mellora no taboleiro da ponte, que o delegado do Goberno fixou para as próximas semanas.

Na visita falouse tamén de que finalmente non se fará a estrada alternativa á N-550 desde Ordes Sur a Marantes. “Escoitamos os veciños e ademais non queremos prexudicar aos negocios comerciais ubicados na N-550”, explicou o alcalde de Oroso. Javier Losada atendeu a demanda de Mirás e a solución alternativa que propón o alcalde, que consistirá nunha nova circunvalación en Sigüeiro polo oeste, desde a rotonda do polígono ata a bifurcación da estrada que vai ao aeroporto de Lavacolla.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial