займ срочно

José Antonio Fondevila dona á biblioteca de Silleda un exemplar da obra Universal Art

0

Silleda, 23 de outubro de 2017.  O artista silledense José Antonio Fondevila García vén de doar á Biblioteca Municipal Daniel Castelao un exemplar de Universal Art, (Editorial Oliveras), un interesante catálogo que reúne a máis de 100 artistas entre os que se atopa o propio autor.

Fondevila, o autor silledense con máis proxección a día de hoxe, participa nesta publicación con 4 obras, da serie Espazo/Tempo: dúas pinturas con óleo (Existencia e Ausencia) e dúas esculturas (Camiños Cruzados e Espacio e Tiempo.

Esta obra non está á venda e só se pode atopar en galerías e museos de arte tanto de distintos puntos de España coma do extranxeiro.

A crítica de arte e musical Gemma Gregori recolle recolle nesta edición que a base da obra pictórica e escultórica de Fondevila “amalgama o categórico e o absoluto fronte ao ingrávido e o excelso”, destacando que as súas son obras “verdadeiramente plausibles” así como “interesantes abastraccións e aportacións ó seu reflexo imaxinativo”.

Dende a Concellería de Cultura Ana Luisa González agradeceu a Fondevila a doazón desta obra “que virá a complementar os fondos da biblioteca pública silledense” e destacou a valía artística do autor “cunha proxección que vai en aumento”, engade. A obra estará disponible ao público neste centro sumándose a outros exemplares relacionados co mundo das artes plásticas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies