Frades acondiciona o multiusos

0

Frades, 13 de marzo do 2019 –  O Concello de Frades vén de iniciar as obras de acondicionamento da planta inferior do edificio multiusos que conta cun investimento de  57.637,35 euros e que se prevé que estean rematadas o vindeiro mes de abril.

Ata que rematen as obras o museo de apeiros tradicionais, situado no multiusos, permanecerá pechado. Os traballos inclúen o seu traslado á planta superior e o acondicionamento do espazo actual do museo para albergar unha biblioteca, un aula de informática e un aula multiúsos. Na actualidade a planta superior non ten uso ningún, mentres que a planta baixa consta de dúas zonas diferenciadas: dúas aulas de usos múltiples no lateral esquerdo e o museo de apeiros tradicionais de Frades no lateral dereito.

As obras permitirán trasladar o museo á planta alta do inmoble, mentres que na planta baixa instalaríase a aula municipal de informática, actualmente emprazada na terceira planta da Casa Consistorial e que presenta problemas tanto de tamaño como de accesibilidade, xa que non dispón de ascensor. Ademais, o seu traslado ao multiúsos permitirá tamén ampliar o horario.

Construirase tamén outra aula para cursos formativos de entre 15 e 25 persoas, liberando así a outra parte do multiúsos para acoller charlas ou reunións con maior afluencia de xente, xa que as dúas aulas poden converterse nunha gran sala con capacidade para ata 100 persoas.

 As obras están financiadas cunha achega de 40.000 euros da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e con outros 17.637,35 euros achegados polo Concello de Frades. O Concello de Frades agarda que os traballos estean rematados durante o vindeiro mes de abril para que a biblioteca poida entrar en funcionamento co gallo da conmemoración do Día Internacional do Libro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial