Frades acude a Fomento para avanzar na mellora da N-634

0

Frades, 1 de decembro do 2018 –  O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, vén de reunirse con responsables do Ministerio de Fomento para avanzar na mellora da N-634 en Ponte Carreira.

A mellora da antiga nacional 634 trátase en palabras do alcalde ” dun proxecto valorado nuns 350.000 euros e que inclúe o arranxo da antiga estrada ao seu paso por Ponte Carreira, así como a construción dunha senda peonil onde rematan as beirarrúas que rematará ademais coa asunción polo concello da titularidade do tramo”.

O “Proxecto de acondicionamento e mellora da estrada N-634” conta cun orzamento de execución de 348.870,62 euros e desenvolverase entre os puntos quilométricos 689,600 e 688,775. Contempla o arranxo do firme da calzada, previo ao seu aglomerado, así como a construción dunha senda peonil nas zonas onde non existen beirarrúas, que tamén serán reparadas. A nova senda peonil terá un ancho de entre 1,8 e 2 metros, feitas en formigón do tipo HM-20 sobre unha capa de 20 centímetros de zahorra artificial para o explanado e compactado do terreo. Unha senda na que tamén se instalarán un par de varandas de madeira e un par de muros escolleira dun metro de altura.

O alcalde de Frades sinala que “o proxecto da obra xa quedara feito co anterior Goberno do Partido Popular e apuntárase que non serían precisas nin expropiacións nin elaborar un informe de impacto ambiental, polo que a súa execución sería áxil”. Unha actuación que permitiría mellorar o estado actual desta estrada que, segundo un informe da arquitecta municipal, presenta moitas deficiencias tanto no seu tramo urbano como interurbano que dificultan o tránsito de peóns e condutores, supoñendo un problema de seguridade viaria para os mesmos. Neste sentido, o tramo urbano ten o estado do firme moi deteriorado, con fendas e elementos desprendidos. As beirarrúas teñen rebentados os seus bordes e non existe nin un só paso peonil en todo o traxecto. Uns desperfectos aos que hai que engadir que as dúas vías de servizo presentan grandes fochancas. Unha situación que motivou que en marzo de 2017, o pleno de Frades acordara por unanimidade solicitarlle ao Ministerio de Fomento o arranxo desta estrada. Unha petición que, tras distintas reunións coa Demarcación de Estradas do Estado en Galicia e con responsables do Ministerio de Fomento, foi asumida polo anterior Goberno Central, que xa deixou elaborado o proxecto técnico.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial