займ срочно

Frades adapta o CPI de Ponte Carreira coa colaboración da dirección do centro

0

Frades, 15 de setembro do 2020 – O Concello de Frades está a colaborar coa dirección do CPI Ponte Carreira na adaptación das instalacións do centro aos protocolos sanitarios fronte á Covid-19.

o concelleiro de Ensino de Frades, Manuel Ferreiro, explica as medidas que se toman “Instalamos un xogos termoplásticos no patio que arranxamos o ano pasado, achegamos dispensadores de xel e puxemos tres persoas a disposición do colexio para que os axudaran a adaptar as instalacións ás esixencias sanitarias e que estarán no centro todo o tempo que sexa necesario”, explica

Frades adapta o CPI de Ponte Carreira coa colaboración da dirección do centroFerreiro Marzoa sinala que “a volta ao colexio en Frades está sendo exemplar. A ratio de alumnos e alumnas é moi baixa e dispoñemos de dous edificios, un para a ESO e outro para infantil e primaria. Puxémonos a disposición do colexio e non houbo ningunha queixa nin problemas para cumprir coas medidas do protocolo enviado pola Xunta. Por iso penso que vai funcionar moi ben, ao igual que o fixeron os campamentos de verán”.

Actuacións

Frades adapta o CPI de Ponte Carreira coa colaboración da dirección do centroAdemais da instalación dos xogos o concello centrouse na colocación de medidas preventivas. Ademais de colocar o vinilo de entrada co nome do colexio,  pintou varias zonas de xogo, coa finalidade de que a rapazada poida manter a distancia de seguridade. A maiores, xa dispuxera nas instalacións algúns dos dispensadores de xel hidroalcohólico que colocou nos distintos edificios municipais. Tamén se acometeron actuacións de roza e mellora das zonas verdes do centro.

Frades adapta o CPI de Ponte Carreira coa colaboración da dirección do centroEn 2019, o Concello de Frades investira 30.000 euros de fondos propios na realización de importantes obras de mellora do CPI de Ponte Carreira. Coa colaboración da Xunta de Galicia, procedeuse á habilitación do devandito patio interior e á renovación do falso teito e do alumeado do comedor escolar.

Frades adapta o CPI de Ponte Carreira coa colaboración da dirección do centro

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies