Frades cubrirá o parque infantil de Ponte Carreira

0

Frades, 9 de xullo do 2020 –  O Concello de Frades vén de sacar a licitación as obras de cubrición e ampliación do parque infantil de Ponte Carreira, que contan cun orzamento de 59.912,67 euros e un prazo de execución de dous meses.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, explica que se trata dunhas obras financiadas en parte cunha achega de 40.000 euros da Vicepresidencia da Xunta de Galicia “nos permitirán reparar os problemas de desgaste do pavimento da praza de Ponte Carreira, eliminando as zonas esvaradías, así como cubrir a zona do parque infantil e instalar dous novos xogos, como son unha tirolina e unha cama elástica, que se veñen demandando pola poboación infantil”.

Frades cubrirá o parque infantil de Ponte CarreiraO prazo de presentación de ofertas rematou esta mesma semana, polo que se agarda que as obras poidan comezar este mesmo mes de xullo e estar rematadas en setembro. Os traballos incluirán a cubrición da zona do parque infantil cunha estrutura metálica e paneis de policabornato en cores. “Ao mesmo tempo, imos proceder á reparación, pintado e reposición de algúns elementos dos xogos actuais do parque infantil. A maiores, instalaremos dous novos xogos, tipo tirolina e cama elástica, nunha zona separada do parque actual, para así poder diferenciar por idades á rapazada usuaria dos xogos, xa que estes dous novos están pensados para rapaces e rapazas de entre 4 e 14 anos, mentres que os xogos existentes son para idades menores”, apunta Roberto Rey.

Finalmente, os traballos incluirán o levantado do pavimento de pedra existente na zona, moi desgastado e con zonas moi esvaradías, especialmente nos tempos de choiva. Será substituído por outro pavimento de formigón impreso nos paseos do parque público, unha soleira de formigón armado para a base dos xogos e un pavimento continuo de caucho para amortecer caídas e evitar esvaradías arredor dos mesmos.

Frades cubrirá o parque infantil de Ponte CarreiraEstas obras son froito dun convenio de colaboración asinado polo Concello de Frades e a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza o pasado 27 de maio ao abeiro da convocatoria realizada pola Xunta de Galicia o pasado 12 de decembro de 2019. A través deste convenio, a Administración autonómica achegou 40.000 euros, o 66,76% do importe total dos traballos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial