Frades asigna axudas a doce asociacións e comisións de festas

0

Frades, 3 de xullo do 2018 – O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, vén de asinar os convenios de colaboración con doce asociacións de veciños e comisións de festas do municipio.

Daránse axudas de 500 euros a cada entidade para a organización das distintas festas patronais do municipio. En total achegará 6.000 euros, que poderán ser empregados para aluguer de carpas, gastos de electricidade, actuacións musicais o pirotecnia nas festas patronais do concello.

As entidades beneficiarias destas axudas son as Comisións de Festas de Céltigos, Mesos e Ledoira, para a realización das festas de Augasantas (9 de setembro), Santa Margarita (20 de xullo) e do Carme (5 de agosto). Tamén recibiron eses 500 euros a asociación cultural Rutural de Añá, para as Festas de San Paio (23 de xuño) e Santa María (15 e 16 de agosto); e as asociacións de veciños Os Pasos de Aiazo, para a Festa de San Pedro e Corpus (30 de xuño e 1 de xullo) e San Roque (19 de agosto); San Juan de Vitre, para a Festa de San Juan (24 e 25 de xuño) e Nosa Señora das Virtudes (1 de setembro); e Rexente de Ponte Carreira, para as Festas de Santa Mariña (18 e 19 de xullo).

Finalmente, tamén resultaron beneficiadas as asociacións de veciños Os Labregos de Abellá, para as festas do Corpus (2 de xuño) e do Carme (15 de xullo); San Martín de Frades, para as festas de San Miguel (29 de setembro), Madalena (22 de xullo) e San Nicolao (8 de setembro); Río Maruzo, para as festas do Carme (15 de xullo) e de San Roque (2 de setembro); Río Samo de Galegos, para as festas do Carme (25 de xullo); e Santa María de Papucín, para a festa de Santa María (15 e 16 de maio).

Rey Martínez, que estivo acompañado polo concelleiro de Facenda, Manuel Ferreiro Marzoa, aproveitou o acto de sinatura dos acordos de colaboración para explicarlles aos presentes os detalles da nova lei de espectáculo, que entra en vigor hoxe e á que teñen que adaptarse as comisións de festas das distintas parroquias.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies