займ срочно

A segunda casa niño de Frades, Axóuxere, abre o prazo de admisión

0

Frades, 28 de xaneiro do 2018 – Os Servizos Sociais de Frades informan da apertura da inscrición na Casa Niño Axóuxere, en O Pazo (Galegos), un servizo gratuíto de atención diúrna para cativos de 3 meses a 3 anos promovido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social.

O prazo de solicitude de admisión na Casa Niño Axóuxere estará aberto ata o 24 de febreiro no 660 836 022.

Os nenos e nenas deberán estar empadroados/as no Concello de Frades e ter unha idade comprendida entre os 3 meses e os 3 anos, ambos incluídos. Axóuxere dispón de 5 prazas para este servizo de atención diúrna, de luns a venres, durante todo o ano. No caso de que haxa unha demanda superior á oferta, a admisión realizarase segundo criterios de renda.

Axóuxere é a segunda casa niño que se pon en marcha en Frades, onde xa leva máis dun ano funcionando con éxito a casa niño Xoaniña, en Abellá. De feito, o alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, xa lle trasladara ao conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, a necesidade de contar con máis casas niño no municipio durante unha entrevista mantida en marzo de 2017 xa que “nestes momentos hai sobre cincuenta nenos e nenas de entre 0 e 3 anos, polo que podería ter demanda”.

Neste sentido, o alcalde lembra que “no pleno do pasado mes de setembro aprobamos por unanimidade unha moción para instar á Xunta a consolidar este proxecto de Casas Niño, un servizo pioneiro que ademais de atender as necesidades de conciliación dos pais e nais que viven en concellos de menos de 5.000 habitantes son tamén unha mostra da aposta da Xunta de Galicia polo rural”.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies