O Mes da Saúde de Frades inclúe catro xornadas no Hotel Balneario Compostela

0

Frades, 20 de febreiro do 2018 – O Concello de Frades abriu o prazo de inscrición no programa Mes da saúde 2018, unha iniciativa que inclúe catro xornadas nas instalacións do Hotel Balneario Compostela, en Brión.

As visitas ao balneario terán lugar nas tardes de todos os martes do próximo mes de marzo: 6, 13, 20 e 27. O programa Mes da saúde está dirixido a veciñanza empadroada en Frades, que deberán anotarse no Concello ou no teléfono 981 695 567.

A admisión realizarase por rigorosa orde de inscrición. O prezo mantense nos 40 euros por persoa, xa que o Concello de Frades subvenciona o 70% do custo da iniciativa e porá un autobús á disposición das persoas participantes, que os recollerá polas distintas parroquias e sairá da Grabanxa ás 15:00 horas.

Os veciños participantes deberán levar da casa traxe de baño, chancletas antiesvarantes e gorro de piscina. Durante esas catro sesións no Hotel Balneario Compostela disfrutarán dun circuíto termal que inclúe piscinas de chorros, contracorrentes, jacuzzi, saunas, ducha bitérmica e de aromas, circuíto circulatorio de pernas e unha sala de relax con mármores quentes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies