займ срочно

Frades ofrecerá bonificacións fiscais para empresas que xeren emprego

0

Frades, 12 de decembro do 2017 – O pleno municipal de Frades aprobou por unanimidade o establecemento de bonificacións fiscais para empresas que xeren emprego no municipio.

As bonificacións poden chegar por instalarse no concello ou ampliando instalacións xa existentes e creando novos postos de traballo.

A rebaixa supón a inclusión do Concello no protocolo ‘Doing Business Galicia’, suscrito entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para atraer e incentivar a actividade industrial.

As ordenanzas fiscais municipais que se modificarán, despois da aprobación inicial, son a do Imposto de Bens Inmobles (IBI) de natureza urbana, a do Imposto de Actividades Económicas (IAE) e a do Imposto de Instalacións, Construcións e Obras. Nos tres casos, as bonificacións que se establecen van desde o 50% ata o 95% do importe a pagar, dependendo do volume de emprego xerado pola iniciativa empresarial beneficiada. Así, o desconto será do 50% para empresas que xeren ata dez postos de traballo, de cando menos o 75% para as que creen entre once de vinte empregos, e do 95% para as que supoñan máis de vinte postos novos.

As bonificacións concederanse tanto á implantación de novas actividades económicas declaradas de especial interese ou utilidade municipal como á ampliación de instalacións das xa existentes sempre e cando impliquen a xeración de emprego. Este beneficio fiscal deberá ser solicitado pola parte interesada e o Pleno do Concello decidirá sobre a súa concesión.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, explica que “Frades é un dos primeiros Concellos en sumarse ao protocolo ‘Doing Business’ da Xunta e a FEGAMP, que pode axudarnos á implantación de empresas no noso territorio cando dispoñamos do solo industrial contemplado no Plan Xeral de Ordenación Municipal”. Ademais, a aplicación deste protocolo suporá un plus de puntuación para o Concello cando concurra a diversas convocatorias autonómicas de subvencións e axudas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies