займ срочно

Frades convoca os Campamentos Municipais de Verán

0

Frades, 19 de xuño do 2020 – O Concello de Frades vén de convocar os seus Campamentos Municipais de Verán, un programa de conciliación da vida laboral e familiar durante as vacacións escolares.

Os campamentos de Frades incluíran este ano medidas especiais de prevención fronte ao Covid-19.  Ampliarase a oferta durante unha quincena, mantendo os mesmos prezos co ano anterior. As inscricións deberán formalizarse no Concello  (981 695 567) antes das 14:00 horas do vindeiro 25 de xuño.

O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, explica que “primará sobre todo a seguridade dos nosos nenos e nenas. Tomaremos todas as medidas de protección e prevención fronte ao coronavirus Covid-19 recomendadas polas autoridades sanitarias e aplicaremos protocolos de entrada e recollida das crianzas que deberán ser seguidos polo proxenitor que as leve”.

Entre as medidas previstas está a toma de temperatura de todas as persoas participantes nos campamentos, que deberán desinfectar mans e calzado na entrada. No caso de ter temperatura ou presentar algún síntoma relacionado co Coronavirus, non poderá acceder ao campamento. Así mesmo, manterase un estrito protocolo de desinfección e limpeza tanto do material a empregar como das instalacións a utilizar.

Os campamentos terán lugar do 29 de xuño ao 14 de agosto, cando habitualmente comezaban a mediados de xullo. O horario será o mesmo: de 9:30 a 13:30 horas e as actividades desenvolveranse no CPI Ponte Carreira e instalacións municipais como a piscina, o pavillón polideportivo ou o campos de fútbol.

Dirixido a nenos e nenas en idade escolar, maiores de 4 anos, os prezos mantéñense con respecto a anos anteriores. Así, as persoas empadroadas aboarán 25 euros por quincena, 50 euros por mes, 12 euros pola última semana ou 87 euros polo campamento completo. No caso das persoas non empadroadas, os prezos serán de 35 euros por quincena, 70 euros por mes, 17 euros pola última semana ou 122 euros polo campamento completo. O Concello de Frades establece descontos do 20% para o segundo irmán/á e do 50% para os demais.

O Concello de Frades, organizador dos campamentos, conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Fondo Social da Unión Europea.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies