Frades organiza unha charla coloquio sobre o coidado da pel

0

Frades, 10 de novembro do 2017 – O Concello de Frades, en colaboración con Todo Saúde Clínica Integral, organiza unha charla-coloquio médica titulada A pel e os seus coidados.

A charla terá lugar o vindeiro xoves 23 de novembro, ás 17:00 horas, no multiusos de Frades. A participación é totalmente de balde, se ben é preciso anotarse antes no Concello de Frades ou no teléfon o918 695 567 antes do 15 de novembro.

A charla será impartida pola doutora Omaira Tuirán Ruíz e tratará sobre dermatoloxía clínica e estética. Así, todas as persoas que asistan coñecerán consellos e tratamentos para o coidado da pel, como previr enfermidades, como protexerse do sol e, en xeral, como manter ou recuperar a saúde da pel. Uns consellos dirixidos tanto a nenos como adultos.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies