Frades organiza unha charla sobre os riscos nas redes sociais, compras en Internet e xogos en liña

0

Frades, 6 de novembro do 2018 –  O Concello de Frades e a Escola Galega de Consumo organizan a charla sobre os riscos das redes sociais baixo o título de Consumo na rede: hábitos, actitudes e comportamentos”.

A charla sobre redes sociais é de asistencia totalmente gratuíta, se ben é preciso anotarse previamente no Concello de Frades ou no 981 695 567 antes deste venres 9 de novembro. Terá lugar o venres 16 de novembro as cinco da tarde no multiusos do concello.

A charla será impartida por formadores do Programa Cores, educación para o consumo responsable, que farán unha aproximación aos problemas do consumo na Rede, achegando consellos e recomendacións fronte aos riscos que poden presentarse nas redes sociais, nas compras na Internet, nas descargas de APP e nos xogos e apostas en liña.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial