Frades instala dispensadores de xel nas instalacións municipais

0

Frades, 16 de xuño do 2020 – O Concello de Frades comezou a colocar dispensadores de xel hidroalcólico en todas as instalacións públicas municipais como medida de protección contra a COVID-19.

A colocación destes dispensadores de xel iniciouse na casa consistorial, locais sociais, multiusos, biblioteca, centro da terceira idade e instalacións deportivas municipais.

Así mesmo, nesta primeira quenda instalaranse tamén dispensadores nos centros de saúde de Ponte Carreira e Abellá, no colexio e nas igrexas das distintas parroquias. O alcalde, Roberto Rey Martínez, explica que “os dispensadores funcionan de xeito automático colocando as mans debaixo, polo que non é preciso que a persoa usuaria teña que tocar nada. Teñen capacidade para 1 litro de xel hidroalcólico e son recargables”.

Unha vez finalice a instalacións dos dispensadores nas instalacións públicas municipais, o Concello de Frades procederá á súa colocación tamén no exterior dos lugares máis transitados do municipio tales como os parques infantís das distintas parroquias ou as prazas onde teñen lugar as feiras de Ponte Carreira e Abellá.

Frades instala dispensadores de xel nas instalacións municipais

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial