займ срочно

Frades comeza co arranxo da piscina municipal

0

Frades, 23 de outubro do 2020 – O concello de Frades comezou coa reparación da piscina municipal, unha obra que conleva un investimento de 98.041,29 euros.

As obras na piscina de Frades servirán para arranxar tanto o vaso da piscina como o sistema de depuración e a canalización perimetral. os traballos comezaron precisamente co vaso no que se procederá a reparar os defectos de illamento e das fugas da canalización que o rodea. Dous defectos que provocan un consumo extra de auga para manter o nivel da piscina, o que supón tamén un gasto adicional para a instalación e un desperdicio de auga potable.

Frades comeza co arranxo da piscina municipalDurante estes días procedeuse ao picado do azulexo actual, que será substituído por unha plaqueta de porcelana de cor branca, logo da impermeabilización e reparación de fisuras no vaso da piscina e no depósito de compensación.

Frades comeza co arranxo da piscina municipalTamén se demolerá a canalización perimetral actual, que será substituída por outra cun circuíto en PVC para conducir a auga ao depósito de compensación. Finalmente, substituiranse os circuítos hidráulicos, as bombas dosificadores e as distintas válvulas do sistema de depuración. Isto permitirá automatizar o sistema, xa que actualmente os defectos que presenta obriga á presenza constante dun operario na instalación para controlar e revisar manualmente o sistema.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies