Comeza a reparación das beirarrúas entre Ponte Carreira e o colexio no concello de Frades

0

Frades, 22 de outubro do 2019 – O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o concelleiro de Infraestruturas, Manuel Ferreiro Marzoa, visitaron os traballos de inicio das obras de reparación e mellora das beirarrúas entre Ponte Carreira e o colexio.

A colocación das novas beirarrúas foi adxudicada pola Deputación Provincial da Coruña por 145.474,23 euros e que teñen un prazo máximo de execución de seis meses. O alcalde de Frades sinala que “as beirarrúas actuais estaban nun estado moi deficiente, motivado tanto polo paso dos anos como pola subida do tráfico rodado as beirarrúas, con desniveis e roturas que provocaban caídas, sobre todo coa chegada das chuvias”.

beirarrúas Ponte CarreiraRoberto Rey celebra o inicio dunhas obras “que levabamos reclamando dende hai anos porque estamos falando dunha zona de moito tránsito peonil xa que une o núcleo urbano de Ponte Carreira cunha zona onde están emprazados o CPI de Ponte Carreira, o pavillón polideportivo municipal, o local social e a igrexa parroquial”.

beirarrúas Ponte CarreiraRey Martínez e Ferreiro Marzoa comprobaron sobre o terreo as actuacións previstas na zona, da man do xefe da obra e o enxeñeiro responsable do proxecto. Unha visita que serviu para, por exemplo, reaxustar o emprazamento dos contedores do lixo, confirmar os rebaixes precisos para os accesos a aparcamentos ou pasos de peóns e adaptación dos pozos e arquetas á nova rasante. “As obras executaranse en primeiro lugar pola marxe dereita da DP-3802 e, unha vez rematadas, comezarase coa marxe esquerda, para que así quede sempre un camiño seguro para acceder ao colexio”, apunta o alcalde.

Actuacións previstas

beirarrúas Ponte CarreiraAs obras de renovación de beirarrúas da rúa do Ensino de Frades suporán un investimento de 145.474,23 euros e contan cun prazo de execución de seis meses. Os traballos inclúen a demolición e reconstrución de 1.360 metros de beirarrúas entre o núcleo de Ponte Carreira e a zona na que se emprazan o colexio, o polideportivo municipal e a igrexa parroquial da localidade, á beira da estrada CP-3082 Ordes-Ponte Carreira (pk 17+140 e 17+180).

As beirarrúas, 705 metros pola marxe esquerda e outros 655 metros pola marxe dereita, contan cun bordo de formigón prefabricado e baldosa de formigón vibrado de 40×40 centímetros, sobre cama de dez centímetro de zahorra e outros dez de formigón. Ademais, contémplase a colocación de 10 alcorques e achega de terra vexetal para a plantación de outras tantas árbores.

beirarrúas Ponte CarreiraA maiores, colocaranse 346 metros de varanda metálica de protección en cinco tramos e colocarase un tubo de 1.360 metros de lonxitude para soterrar o actual cabreado de alumeado público.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial