Frades recibiu a máis de 600 persoas na Festa de Entroido

0

Frades, 26 de febreiro do 2020 – Máis de 600 persoas participaron non concurso de disfraces do concello de Frades, acto principal do Entroido do municipio e que rematou cunha festa que durou máis de 3 horas.

Frades recibiu a máis de 600 persoas na Festa de EntroidoO concurso de Entroido tivo un claro gañador.  Poucas veces unha decisión dun xurado foi tan ben recibida como a que lle outorgaba onte o primeiro premio á comparsa “O soño de Carolina”, integrada por veciños do municipio. Unha creativa e divertida “loita” entre os soños e os pesadelos dunha pequena nena que emocionou a todos os presentes, tanto pola beleza das coreografías como polo orixinal dos disfraces, en especial a dos pesadelos.

Frades recibiu a máis de 600 persoas na Festa de EntroidoTras o concurso o concello puxo a disposición dos participantes e espectadores inchables, música, un fotomatón de Entroido e obradoiros, da man de Fantasía Animación. Ademais, os máis pequenos contaron coa presenza de personaxes coma Peppa Pig, os minions ou a Patrulla Canina; e, durante toda a xornada, Frades convidou aos presentes a flocos de millo e a chocolate quente con rosca. Así mesmo, ao rematar o Concurso de Disfraces todos os nenos e nenas levaron cadansúa bolsa de lambonadas para a casa.

Frades recibiu a máis de 600 persoas na Festa de EntroidoNo que atinxe ao Concurso de Disfraces, repartíronse 1.200 euros entre máis de 150 participantes disfrazados. Os grandes gañadores da noite foron os integrantes da comparsa “O soño de Carolina” (Frades), que levaron un premio de 300 euros. Os outros dous premios viaxaron a Ordes: o segundo premio foi para “Os trasnos da muiñeira”, premiada con 150 euros; e a divertida “Imos de voda”, terceira con 75 euros.

Frades recibiu a máis de 600 persoas na Festa de EntroidoO Concello de Frades entregou tamén tres premios especiais á tres grupos locais: “Os Bar-Tolos”, “As velutinas repeiras” é “David o lambón e a banda do Mesón”, de 125, 75 e 50 euros, respectivamente. A categoría adultos completouse cos premios a “La morena de A Ponte” é “Convenio Frades-China”, ambas veciñas do municipio e que levaron 100 e 75 euros.

Frades recibiu a máis de 600 persoas na Festa de EntroidoFinalmente, Ordes acumulou todos os premios da categoría infantil, modalidade grupo: “De Galicia para o mundo”, “Visita papal a Frades” é “Ás veces é mellor non ver”, que conseguiron 100, 60 e 30 euros de premio. “Robobotes” (Trazo) e “A vaquiña polo que vale” (Vitre) completaron a lista de premios, entregados polo alcalde, Roberto Rey Martínez, e os concelleiros Miguel Prado, Manuel Ferreiro, Juan Carlos Portos, Jesús Francos e Ángeles Vázquez.

Frades recibiu a máis de 600 persoas na Festa de Entroido

Frades recibiu a máis de 600 persoas na Festa de Entroido

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial