Frades conmemora o Día do Libro abrindo a nova biblioteca municipal

0

Frades, 23 de abril do 2019 –  O Concello de Frades conmemora hoxe o Día do Libro coa posta en marcha da biblioteca municipal, emprazada no multiúsos de Cimadevila. Un acto que terá lugar a partir das 17:00 horas e que incluirá a actuación musical e o contacontos “Picadiscos Mari Faltri” e o agasallo de libros a todas as persoas asistentes. A participación é libre e totalmente de balde.

“Picadiscos Mari Faltri” é unha proposta de María Faltri, compoñente do grupo folk Faltriqueira, quen fará un repaso polos grandes éxitos da música infantil galega, ao tempo que fai coreografía e animación para os nenos e nenas coa súa mini biblioteca ambulante. Un espectáculo de 55 minutos de duración dirixido a un público infantil e que chega a Frades grazas á colaboración da Xunta de Galicia.

Unha vez rematado o espectáculo, todas as persoas asistentes recibirán un libro de agasallo. Trátase de exemplares doados tanto pola Deputación da Coruña como polo Concello de Frades dentro da campaña provincial “Libros para sermos libres”.

A biblioteca municipal do Concello de Frades está emprazada na planta baixa do edificio multiusos canda a aula de informática e unha aula multiusos, que ocupan o espazo que antes empregaba o Museo de Apeiros de Labranza, que foi trasladado á planta superior do inmoble. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial