Frades confirma un segundo positivo por Coronavirus e informa da curación do primeiro

0

Frades, 7 de abril do 2020 – O concello de Frades mantén o Coronavirus controlado e aínda que confirma un segundo positivo tamén celebra a recuperación do primeiro.

O anuncio do segundo infectado por Coronavirus aparecía onte no perfil de facebook do concello. Tratábase de todos xeitos dunha mensaxe positiva por distintos motivos. Non se trataba dun caso de contaxio no concello xa que o enfermo traballaba fora do municipio nun servizo esencial polo que estaba máis exposto. O concello aproveitaba para agradecer o seu traballo, o servizo á sociedade levou a enfermar, e desexarlle unha pronta recuperación.

Ao mesmo tempo Frades anunciaba a recuperación do primeiro infectado do municipio e a súa saída do illamento domiciliario no que estaba. De todos xeitos deberá manterse na casa por quince días máis como mínimo.

Frades aproveitaba a publicación para dar ánimos e pedir prudencia “Unha recuperación que nos debe dar ánimos a todos os veciños e veciñas de Frades. Estámolo facendo moi ben pero non podemos baixar a garda. #QuedaNaCasa e sigue as recomendacións das autoridades sanitarias”.

Ordes 15 positivos

O concello de Ordes pola súa banda publicaba onte tamén no facebook do concello que no número de infectados era de 15. Deles 13 manteñen illamento domiciliario e un está hospitalizado en UCI. O último foi dado de alta onte polo que se atopa xa na casa pero aínda con confinamento obrigatorio durante quince días.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial