Frades convoca o seu segundo curso de plantas aromáticas e medicinais  

0

Frades, 22 de agosto do 2017 –  O Concello de Frades convoca a segunda edición do seu curso de plantas aromáticas e medicinais que terá lugar no mes de setembro.

As clases desenvolveranse no edificio multiusos municipal. Terán unha duración de dezaseis horas en total e impartiranse os sábados pola mañá, de 10:00 a 14:00 horas.

O comezo do curso de plantas aromáticas está previsto para setembro, en canto se reúna o número de participantes necesario. O grupo terá que contar cun mínimo de vinte persoas e un máximo de vinte e cinco. A fase de inscrición xa está aberta. Efectúase acudindo á Casa do Concello (981 69 55 67). O prezo de participación é de 20 euros por persoa.

Este curso de plantas aromáticas formará sobre os principios activos, as partes aproveitables, o cultivo, recolección e conservación, e os usos e aplicacións de diversas especies de plantas aromáticas e medicinais, tales como o perexil, o romeu, o ceboliño, a alfádega, a menta, o ourego, a salvia, a lavanda, o tomiño ou a valeriana.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies