Frades convoca un curso de monitor/a de tempo libre

0

Frades, 13 de xullo do 2020 –  O Concello de Frades convoca un curso de monitor/a de tempo libre de 350 horas lectivas, 200 horas teóricas e 150 prácticas, e que terá lugar do 22 de xullo ao 31 de agosto.

O prezo do curso será de 250 euros, cun desconto de 50 euros para persoas empadroadas en Frades cunha antigüidade mínima de 1 ano, e as inscricións poderán facerse ata o 21 de xullo.

As clases serán impartidas por Escola Galega de Tempo Libre: 90 horas presenciais obrigatorias e 110 horas en liña. As clases presenciais terán lugar no multiusos de Frades os luns, mércores e venres, en horario de 16:00 a 21:00 horas. O horario das clases en liña fixarase o primeiro día de clase presencial, para adaptarse á proposta preferida polo alumnado. As clases prácticas, de 150 horas lectivas, deberán realizarse no prazo de 2 anos dende o remate da fase teórica. Unha vez realizadas, haberá que aboar 11,69 euros á Xunta de Galicia en concepto de taxas de expedición de título.

O curso capacita para a obtención da titulación oficial expedida pola Xunta de Galicia e inclúe un amplo programa de formación que inclúe: lexislación, animación e xogos, animación deportiva, primeiros auxilios, educación ambiental…

Inscricións

Para inscribirse é preciso encher a folla de inscrición (descargable na web municipal: www.frades.gal) e remitila xunto á documentación precisa ao mail: escolagalegatl@gmail.com. A documentación precisa é: fotocopia do DNI, título da ESO ou equivalente, resgado de abono bancario do coste do curso e certificado de antigüidade mínima no padrón dun ano (en caso de poder acceder á devandita subvención).  En caso de dúbidas na tramitación, pódese contactar co Concello de Frades (981 695 567).

O Concello de Frades convoca un máximo de 25 prazas, que se cubrirán por orde de anotación, con preferencia a persoas empadroadas no municipio. Así mesmo, ofrécese a posibilidade de fraccionar o pago da matrícula (150 euros coa matrícula e 100 euros antes do 5 de agosto).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial