Frades clausurou cunha comida o curso de poda e enxertos

0

Frades, 15 de abril do 2017 –  Un total de 21 veciños de Frades participaron na segunda edición do Curso de Poda e Enxertos, organizado polo Concello de Frades e que se desenvolveu ao longo dos dous últimos meses en xornada de sábado.

En total foron 28 horas de formación, 20 prácticas e 8 teóricas, nas que o alumnado aprendeu técnicas de poda de especies froiteiras, ornamentais e forestais, así como os distintos métodos de propagación/multiplicación de prantas: sementes, enxertos, estaquillado, acodo, etc.

Como representantes do concello estiveron presentes os responsables de Medio Ambiente, Juan Carlos Portos Bra, e Medio Rural, Manuel Ferreiro Marzoa, que foron os encargados de entregarlles aos alumnos e alumnas os diplomas acreditativos, antes do inicio dun xantar de despedida.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial