Frades retoma os cursos do programa Neneiras parados pola crise do Covid19

0

Frades, 22 de xuño do 2020 – O Concello de Frades e a ONG Mestura colaborarán, por terceiro ano consecutivo, na organización conxunta de catro cursos gratuítos ao abeiro do programa Neneiras.

Neneiras é unha iniciativa da Secretaría Xeral de Igualdade na que participa Frades co obxectivo de promover a integración social das mulleres do rural. Os cursos terán lugar no edificio multiusos durante o mes de xullo, ás 16:30 horas, e a asistencia é de balde, se ben é preciso anotarse previamente no Concello (981 695 567) ou na ONG Mestura (981 661 840).

Temática

O Obradoiro de Organización e o curso de Uso de smartphone e tableta terán lugar un día da semana ao longo do mes de xullo e a primeira semana de agosto, ata completar un total de seis sesións. Así, o Obradoiro de Organización terá lugar todos os mércores, mentres que o curso de Uso de smartphone e tableta (tradicionalmente un dos máis demandados) terá lugar nas tardes dos xoves.

Frades retoma os cursos do programa Neneiras parados pola crise do Covid19Os outros dous cursos constan de catro sesións cada un. Os luns 6, 13 e 20 de xullo terá lugar un obradoiro de Técnicas de relaxación, mentres que os martes 7, 14, 21 e 28 de xullo haberá sesións de bailoterapia. Nos catro cursos, o Concello de Frades e a ONG Mestura ofrecerán un servizo gratuíto de conciliación para facilitar a participación das alumnas.

Estes catro cursos son froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Frades e a ONG Mestura, que conta co financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e da Unión Europea a través do Fondo Social Europeo.

Trátase de cursos presenciais que foron interrompidos durante o estado de alarma polo Covid-19, tempo durante o cal o Programa Neneiras se impartiu a distancia, ofrecendo apoio psicolóxico, asesoramento xurídico, apoio na realización de trámites por Internet, orientación laboral e información sobre recursos de traballo ás mulleres que o precisaran. Así mesmo, organizaron un curso de coidado da muller coidadora e outro de manipulación de alimentos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial