Curso de defensa persoal para mulleres

0

Frades, 5 de outubro do 2017 – O Concello de Frades, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade e a Academia Galega de Seguridade, organiza un curso de defensa persoal para mulleres.

O curso terá lugar os días 17 e 18 de outubro no edificio multiúsos de Frades en horario de tarde, que se decidirá de acordo coa dispoñibilidade das asistentes. A participación é totalmente de balde, se ben é preciso anotarse no Concello de Frades ou no teléfono 981 695 567 antes do 11 de outubro.

Este curso de defensa persoal para mulleres , de oito horas de formación teórico-práctica, será impartido por monitores da Academia Galega de Seguridade, profesionais que dominan tanto as técnicas de defensa persoal propiamente ditas como o contexto psíquico no que adoitan desenvolverse estes episodios, a lexislación na materia e todos os recursos a disposición das vítimas da violencia.

Un curso de adestramento físico e psíquico das participantes que está dirixido a evitar no posible os enfrontamentos pero ensinando protocolos precisos para actuar ante unha eventual agresión.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies