займ срочно

A Deputación comezou onte os desbroces en Frades

0

Frades, 17 de xullo do 2019 – A Deputación da Coruña ven de remitir unha nota na que explica que os desbroces, das estradas da súa competencia, en Frades comezaron onte luns.

A Deputación aclara que os traballos iniciáronse na estrada provincial 3802 en Pontecarreira e continuarán ata rematar en Ordes. A continuación comezarase a da estrada DP 3801 de Sigüeiro a Cimadevila.

O organismo provincial tamén aclara que os efectivos de desbroce están traballando a pleno rendemento, pero deben atender os máis de 1.100 quilómetros da rede provincial de estradas nos 93 concellos da provincia.

Co obxectivo de mellorar o servizo de desbroce das estradas provinciais, o goberno provincial decidiu hai tres anos que este servizo fose obxecto dun programa exclusivo (antes ía incluído no Plan de Conservación) no que a Deputación inviste 2 millóns de euros anuais só para este fin e que contribuíu a axilizar e mellorar este servizo, incluíndo rozas periódicas para que as estradas da rede provincial estean nas mellores condicións de seguridade para peóns e condutores.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies