займ срочно

Frades pídelle á Deputación que axilice o desbroce estradas

0

Frades, 15 de xullo do 2019 – O alcalde do Concello de Frades, Roberto Rey Martínez, púxose en contacto cos técnicos da Deputación Provincial da Coruña para pedirlles que axilicen o desbroce nas estradas.

O ente provincial e o responsable en Frades das estradas provinciais DP-3802 Ordes-Ponte Carreira e DP-3801 Sigüeiro-Cimadevila. Rey Martínez explica que “a maleza impide ver correctamente algúns dos sinais de tráfico e o case inexistente arcén fai moi perigoso o tránsito de persoas por estas estradas provinciais polo que é necesario o desbroce canto antes”.

desbroce nas estradasO alcalde de Frades agarda que “o equipo de Goberno da Deputación Provincial solucione canto antes esta situación, que está causando moito molestar e moitas queixas tantos entre os condutores/as como polos peóns que transitan por estas estradas que conectan o concello de Frades con Ordes e Oroso”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies