займ срочно

Frades celebra este sábado O Día do neno

0

Frades, 6 de xullo do 2018 –  A renovada piscina municipal de Frades acollerá mañá sábado 7 de xullo, a partir das 16:00 horas, a celebración do Día do/a Neno, organizado polo Concello.

O Día do neno cumpre este ano a súa décima edición. Na cita os rapaces e rapazas volveran a dispoñer, de xeito totalmente gratuíto, de inchables (acuáticos e de terra), xogos populares, tren turístico, merenda co obradoiro “Ponlle as pilas ao teu bocata”, lambonadas, festa da escuma e moitas actividades.

Entre as sorpresas inclúese o espectáculo musical “Brinca Vai 2.0”, do músico Paco Nogueiras que, a partir das 18:00 horas, interpretará as cancións do libro-disco do mesmo nome publicado por Kalandraka. Unha actividade dirixida ao público infantil e familiar no que Nogueiras interpreta cancións baseadas en temas como a natureza, os xogos tradicionais ou as festas, sempre cun toque de humor. Unha proposta que inclúe distintos ritmos para o público asistente: rap, techno, rock e reggae.

Ademais, o Concello de Frades ofrecerá merenda de balde a toda a rapazada que participe e porá a súa disposición un tren turístico que os levará polas distintas parroquias do municipio. Este tren alternará viaxes curtas de 15 minutos con percorridos de 45 minutos, nas que se amosará as riquezas culturais e paisaxísticas das distintas parroquias do municipio.

Campionato de Pesca

Previamente, a partir das 10:00 horas, a área recreativa do río Maruzo (Céltigos) acollerá o XV Campionato Municipal de Pesca Infantil do Concello de Frades, unha actividade dirixida a menores de 16 anos (que deberán estar acompañados por un adulto). Para tomar parte só é preciso ir provisto de cana e cebo, xa que a participación é totalmente libre e de balde.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, e o concelleiro de Medio Rural, Manuel Ferreiro, entregaralles cadansúa medalla a todos os participantes, así como unhas lambonadas. O acto rematará cun pequeno almorzo a base de empanada e bocadillos para repoñer forzas na propia área recreativa do río Maruzo. Para participar só é preciso anotarse no Concello antes do venres 6 de xullo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies