Frades colabora co IES de Ponte Carreira nas actividades de igualdade

0

Frades, 5 de marzo do 2020 – Frades conmemorará o Día da Muller cun concurso no que leva traballando desde febreiro e co que os alumnos do IES de Ponte Carreira deseñaran un logotipo para as actividades de igualdade do concello.

A través da campaña “Concurso de logo e slogan”  os alumnos e alumnas de educación secundaria traballarán na creación dun “logo e dun slogan que reivindiquen os logros acadados en materia de igualdade e que reflictan a importancia de seguir loitando conxuntamente por unha sociedade libre de mandatos sexistas” tal e como explica o concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro Marzoa.

Frades colabora co IES de Ponte Carreira nas actividades de igualdadeEste venres 6 de marzo o xurado decidirá a proposta gañadora, de entre todas as presentadas polo alumnado do instituto de Frades. A proposta gañadora pasará a formar parte da campaña municipal do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro) e integrarase na cultura urbana do municipio a través dun graffiti colocado nun espazo visible do municipio. Un graffiti que se fará o vindeiro luns 9 de marzo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial