Música en Frades para celebrar o Día das Letras Galegas

0

Frades, 16 de maio do 2018 –  O Concello de Frades conmemora as Letras Galegas programando dous concertos musicais para alumnado do Colexio Público Integrado (CPI) da Ponte Carreira.

A programación organizada polo Concello, para conmemorar as Letras Galegas,  inclúe unha actuación de ‘Pakolas’ o 21 de maio e outra de ‘O son que me arroupa’ o 1 de xuño.

En canto ao concerto de ‘Pakolas’, personaxe do autor e compositor Paco Cerdeira, ofrecerá música infantil en galego, con rock e outros estilos. Será nas instalacións do propio centro o día 21 a partir das 11:00 horas.

A actuación ‘O son que me arrola’ está pensada para nenos e nenas de preescolar e educación infantil. É un concerto didáctico preparado desde a Asociación Antonio Gandoy, no que se mestura teatro con cancións para ir explicando as partes do traxe tradicional galego. Terá lugar tamén nas instalacións do colexio, o 1 de xuño a partir das 11:00 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial